Sabes o que son os prexuízos?
Todos, profesorado e alumnado, estamos facendo xuízos na nosa mente prácticamente todo o tempo da nosa vida. Isto é unha tontería, para que estaremos facendo isto, este tío é un pesado, gústame o peinado que trae hoxe Fulanito...
Normalmente os prexuízos non teñen nada que ver coa realidade. Os prexuízos son simples pensamentos que pasan pola cabeza da xente.
O malo dos prexuízos é que poden provocar situacións incómodas. Cando os profes parten dos prexuízos para relacionarse cos alumnos... as situacións non acaban ben. O mesmo pasa cando os prexuízos veñen por parte dos alumnos cara aos profesores.
EXERCICIO: pensar en alguén
1. Colócate na túa posición cómoda coa espalda recta.
2. Pecha os ollos.
3. Céntratre un momento na túa respiración.
4. Trae a túa cabeza a imaxe dunha persoa (compañeiro de clase, profesor, familiar...) coa que algunha vez tiveches algún enfrentamento.
5. Trata de ver a esa persoa sen xuzgala. Intenta non utilzar prexuízos. Simplemente observaa obxectivamente, tal como é.
6. Agora recrea na túa imaxinación aquela situación de enfrentamento. Cres que tivo algo que ver nesa situación o feito de que houbera prexuízos por medio? cres que si non houbera pensamentos prexuizosos a situación tería sido a mesma? Quén foi prexuizoso... a outra persoa, ou ti, ou quizais os dous?
Comments