top of page

Benvidos ao blog de Mindfulness do IES Agra de Leborís

Neste blog trataremos de explicar qué significa Mindfulness e tamén propoñemos exercicios para que poidas practicalo en casa ou en clase... ou en calquera lugar.

Qué é mindfulness

A palabra Mindfulness significa MENTE CON ATENCIÓN PLENA.

​

Trátase dunha técnica que -se a practicas de forma continuada- che permite estar máis tranquilo, dominar as túas emocións, ter control sobre elas para que elas non te controlen a ti.

Por outra parte, se consegues dominar as emocións terás máis capacidade de concentración e todo o que iso conleva: máis facilidade para entender ou escoitar o que outra persoa che está contando, máis capacidade para estudar e comprender o que les.

Profesorado de referencia: Ana Seijas (orientadora), Pilar Cotón, Paco Alvarellos, Teresa Díaz, Pilar Crespo, Teresa López, Belén Otero, Beatriz Rumbo, Ana Rodríguez, Rosa Mallo, Julia Cea.

​

Se tes calquera dúbida sobre mindfulness podes poñerte en contacto con algunha destas profesoras. Intentaremos axudarche na medida das nosas posibilidades.

bottom of page