top of page
Foto del escritorAdmin

As emocións

Medo, ira, alegría, tristeza, vergonza.

Os seres humanos convivimos coas emocións. Sempre van con nós.

Ás veces as emocións son positivas e outras veces son máis ben negativas. Tanto unhas como outras poden xogarnos malas pasadas.


PROFESORADO-ALUMNADO

As relacións entre profesoado e alumnado ás veces son difíciles. Débese á diferencia de intereses.
Moitas veces as relacións fannos sentir IRA, medo, TRISTEZA, alegría... e se non sabemos cómo controlar as emocións poden provocar ESTRÉS.

A práctica continuada do Mindfulness permítenos estar máis tranquilos, ser máis conscientes das nosas reaccións-emocións E NON REACCIONAR sen máis, senon DAR UNHA RESPOSTA CONSCIENTE E ASERTIVA no momento adecuado.


RELACIÓNS ENTRE IGUAIS

En ocasións temos discusións ou diferencias con compañeiros de clase (alumnado) ou do traballo(profesorado). Isto provoca emocións intensas que ás veces desembocan en ESTRÉS.

As diferencias non son algo negativo, simplemente diferente, e normalmente enriquecedor. Se te sintes diferente, ou pensas diferente... sigue sendo como es. Non te negues a ti mesmo. A vida é aprendizaxe.

O Mindfulness ou a práctica da meditación invita a respetar tódolos puntos de vista, escoitar tódalas opinións e ACEPTAR o momento presente tal como é, sen XUÍZOS.



_________________________________________________________________________________


Retomemos a respiración

Recordemos que a respiraciòn é o principio de tódalas cousas. O principio da vida.

Cando respiramos prestando atención... automáticamente empezamos a calmarnos.


EXERCICIO: en calquera situación qeu che provoque unha emoción estresante... LÉMBRATE de pechar os ollos un momento e CENTRAR A TÚA ATENCIÓN NA RESPIRACIÓN.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page