top of page
Foto del escritorAdmin

Estar no presente: STOP

Actualizado: 2 feb 2018

Teu corpo está no presente. Onde está a túa mente?


Normalmente pasamos o día pensando, pensando... e sen vivir o momento presente.

Pasouche algunha vez estar lendo a páxina dun libro e ao rematar daste conta de que a túa mente andaba por ahí voando... ? Os teus ollos leían pero a túa mente estaba noutro sitio

É posible estar en dous sitios á vez? eu creo que sí. Co corpo estamos aquí pero coa mente estamos noutro lugar.
Se practicamos a técnica do mindfulness podemos conseguir, cada vez máis, estar no momento presente co corpo e coa mente.

EXERCICIO: STOP


1. Todo o grupo ponse de pé.

2. Camiñamos pola clase despacio e en silencio.

3. Cando a profesora di STOP temos que pararnos e centrar a nosa atención na respiración.

4. Á indicación da profesora continuamos camiñando e repetimos a dinámica do STOP varias veces.


Cómo te sentiches facendo este exercicio? Podes utilizalo na túa vida diaria? cando vexas que vas como un terremoto... cando esteas moi estresado... cando a mente non pare... RECORDA que sempre podes facer un STOP e axudarte da respiración antes de continuar co que estás facendo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page