Cando tes que falar con alguén e o que queres dicir é difícil...
Ás veces as comunicacións son difíciles porque nelas interveñen os sentimentos e os xuízos sobre a outra persoa. Sabes cales son as claves para unha comunicación consciente e positiva?
1. Escoitar á outra persoa. (Non só escoitar senón tamén comprender o que che está dicindo e facerlle saber que o comprendiche). Para a comunicación consciente é imprescindible non ter presa.
2. Expresar a miña opinión de forma asertiva, consciente do que digo, e incluindo á outra persoa se é posible (comprendo o que dis... sen embargo, non estou de acordo contigo... OU, desde o meu respeto pola túa opinión direiche que eu opino diferente a ti...)
3. Agora é cando propoñemos unha solución e se a outra persoa non a acepta VOLVEMOS a escoitar a súa alternativa. ESTE PASO É O MÁIS COMPLICADO.
4. Ás veces é necesario pospoñer a conversación... por exemplo se unha das dúas persoas está moi implicada emocionalmente.
EXERCICIO: por parellas... imaxinade unha situación conflictiva. Facede unha esbozo da posible conversación. Representade diante da clase cómo sería. Os vosos compañeiros dirán se foi unha comunicación asertiva... ou vos deixastes levar polas emocións.
Comments