top of page

ESTRUTURA DO BACHARELATO

O Bacharelato é unha formación voluntaria, non é obrigatoria. A finalidade principal do Bacharelat é principalmente acceder a ESTUDOS SUPERIORES: Universidade ou Ciclo Superior de Formación Profesional. Ainda que o Bacharelato non é a única maneira de acceder a Universidade. Por outra Banda, podes estudar o Bacharelato ainda que non teñan intención de facer un Ciclo superior ou Universidade, coa intencia de completar a túa formación persoal.

Para acceder ao Bacharelato é preciso o título de ESO ou título de Ciclo Medio.

 

ORGANIZACIÓN:

O Bacharelato está organizado en varias modalidades:

Ciencias e Tecnoloxía

Humanidades e Ciencias Sociais

Bacharelato artísitco (Artes plásticas)

Bacharelato Musical

No IES Agra de Leborís é posible estudar os Bacharelatos da MODALIDADE de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais. Ademáis dentros dos ITINERARIOS podes escoller dúas materias dos bacharelatos artísico e musical.

  • A duración do Bacharelato é de dous cursos.

  • A MODALIDADE está relacionada coa escolla das materias de opción. (Expecificadas máis abaixo).

  • Os ITINERARIOS son aquelas materias optativas que se escollen en función das preferencias e personalidade de cada alumno ou alumna independientemente da modalidade que se escolla.

  • Dentro da modalidade cursaranse materias de tres tipos: materias troncais, materias de opción e materias específicas.

    • As materias troncais en 1º de Bacharelato son:

      • Filosofía

      • Língua Castelá e Literatura.

      • 1ª Lingua Estranxeira.

    • As materias de opción son dúas a escoller entre varias:

      • Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo Técnico I e Física e Química, na modalidade de ciencias

      • Economía, Grego I, Historia de Mundo Contemporáneo e Literatura Universal na modalidade de humanidades e ciencias sociais.

    • As materias específicas son Educación Física para todo o alumnado, e un mínimo de 2 e máximo de 3 entre as restantes (tódalas optativas, que varían segundo o número de horas semanais. Entre estas algunhas teñen a categoría de materias de libre configuración).

    • Lingua Galega e Literatura computa como materia de libre configuración autonómica.

 

 

PROMOCIÓN NO BACHARELATO

O alumnado de 1º de bacharelato que non cumpra as CONDICIÓNS DE PROMOCIÓN establecidas na LOMCE deberá matricularse de tódalas materias e repetir o curso na súa totalidade.

As CONDICIÓNS DE PROMOCIÓN son superar tódalas materias ou ter avalición negativa en dúas materias como máximo. Só computan para a avaliación negativa as materias que o alumnado cursa como mínimo en cada un dos bloques (dúas entre as troncais, dúas entre as de opción, ou dúas entre as específicas e de libre configuración).

Ademáis é posible promocionar con 3 materias suspensas se unha delas é específica e o resto das específicas están aprobadas.

En todo caso deberán matricularse en 2º das materias pendentes de 1º.

 

As materias de idéntica denominación nos dous cursos (Lingua Galega e Literatura I, Lingua Castelá e Literatura I, Grego I, Tecnoloxía industrial I, Análise Musical I, Debuxo Artístico I, Debuxo Técnico I, etc.), son materias de aprendizaxe progresiva, o que significa que deberás superar a materia de 1º para poder ser avaliado da materia de 2º.

 

Existen materias de modalidade que precisan de coñecementos previos para poder ser cursadas satisfactoriamente:

 

  • Física de 2º precisa de Física e Química de 1º. 

  • Química de 2º precisa de Fisica e Quimica de 1º. 

  • Electrotecnica precisa de Física e Química de 1º. 

  • Ciencias da terra e medioambientais de 2º precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 2º. 

  • Bioloxía de 2º precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 2º.

 

 

 

ENLACE DOCUMENTACIÓN BACHARELATO XUNTA

 

 

bottom of page