top of page

NOVAS OPTATIVAS da ESO e do BACHARELATO

EDUCACIÓN FINANCEIRA

(1º ciclo de ESO)

​

Trátase de potenciar coñecementos, destrezas e habilidades de corte económico que permitan ao alumnado comprender a importancia de conceptos clave como o aforro, o orzamento, os gastos, os ingresos, o custo das cousas, a calidade de vida, o consumo responsable, etc., así como poder levar a cabo procedementos bancarios básicos como a apertura dunha conta, o control dos seus propios ingresos, cambios de divisas, uso de tarxetas de crédito e de débito… En último término, o obxectivo é que sexan capaces de extrapolar eses coñecementos e habilidades á súa vida cotiá, persoal e familiar.

​

​

ECONOMÍA (4º ESO)

​

Sentar as bases para a comprensión e valoración crítica dos conceptos económicos que están presentes na práctica totalidade das actividades que se levan a cabo nunha sociedade. Conseguirase a través dos seguintes bloques:

Bloque I. Introducción á Economía. Bloque II. A educación do consumidor. Bloque III. A empresa e o espíritu emprendedor.

Bloque IV. Educación financeira. Bloque V. O mercado de traballo. Bloque VI. O papel do sector público na economía.

Bloque VII. Macroeconomía e actualidade.

 

​

INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL

(4º ESO)

​

Esta asignatura pretende que as/os nosas/os alumnas/os alcancen capacidades relacionadas coa creatividade e o espíritu innovador, a valoración das ideas como motor para detectar oportunidades de negocios viables e sostibles e o desenvolvemento dunha cultura financeira básica que lles permita actuar con responsabilidade tanto na súa vida persoal como laboral. Articúlase en tres bloques de contidos:

1.- Autonomía persoal, liderazgo e innovación. Os alumnos iniciaranse no proceso de toma de decisións e deberán asumir con responsabilidade os resultados obtidos tanto do traballo persoal como do traballo en equipo, con isto fomentarase a creatividade e o espíritu innovador.

2.- Proxecto empresarial. Iniciarase ao alumnado no plantexamento de alternativas de negocio, aplicando técnicas de xeración de ideas, para continuar coa planificación e elaboración dun plan de empresa.

3.- Finanzas. Persigue iniciar al alumno no que entendemos por cultura financeira, é dicir, adquirir conciencia sobre os distintos productos financeiros básicos e os seus riscos asociados de xeito que, como consumidores podan tomar decisións informadas no ámbito financeiro.

 

 

FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACIÓN

E XESTIÓN (2º BACH)

​

O obxecto desta materia é o estudio e desenvolvemento das funcións de carácter administrativo e de xestión que se realizan nas organizacións empresariais e que se presentan agrupadas nunha serie de procesos de traballo.

Preténdese introducir ao alumnado no coñecemento das técnicas utilizadas na administración e xestión das organizacións empresariales, sen caer nunha excesiva especialización, proporcionando un ensino polivalente que lle permita a capacidade de adaptación para afrontar os posibles cambios e innovacións que se produzan.

ANÁLISE MUSICAL I e II

(1º e 2º Bacharelato)

 

O obxectivo fundamental desta materia é APRENDER A ESCOITAR E ENTEDER A MÚSICA, tanto clásica como popular. Para isto se ofrecerá unha serie de ferramentas que permitan ao alumnado diferenciar os elementos musicais, non só dende o punto de vista auditivo senon tamén visual.

 

A nivel práctico, a clase desenvólvese diariamente a través da audición musical e o comentario analítico verbal e/ou escrito do alumnado. A materia permite desenvolver capacidades analíticas pero tamén de síntese.

 

 

LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

(1º Bacharelato)

 

O obxectivo xeral desta materia é COMPRENDER E UTILIZAR A LINGUAXE MUSICAL (solfexo) dende un punto de vista teórico e práctico.

 

Na clase práctica o alumnado terá que tocar, improvisar, crear música cos instrumentos dispoñibles na clase de música, recoñecendo os patróns rítmicos, melódicos, dinámicos e harmónicos que presentan as partituras. A materia engade tamén coñecementos relativos ás TIC co uso de programas de edición de partituras.

 

 

HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA

(2º de Bacharelato)

 

O obxectivo desta materia é APRENDER A RECOÑECER os rasgos e características que definen a música e a danza ao longo da historia. Ofrecemos ao alumnado un marco teórico sobre os períodos artístico musicais e escoitamos música cada día para poder asociala a ese contexto histórico.

 

Ademáis do marco teórico, a nivel práctico, o alumnado deberá desenvolver o comentario histórico da música escoitada. Ademáis dos contidos estrictamente musicais, nesta materia desenvolvemos a capacidade de expresión escrita, e de síntese.

PORTUGUÉS

​

O portugués é unha materia que ofrece o departamento de lingua galega como 2ª Lingua estranxeira ou como 1ª Lingua.


Para o alumnado galego representa unha oportunidade de acceder a máis de 200 millóns de falantes  (5ª lingua máis falada no mundo, e en ascenso), sen o esforzo que esixe a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Ademais o portugués, en todas as súas variantes (portuguesa, brasileira, angolana...), ofrece unha riqueza cultural (historia, arte, música, gastronomía...) que a fai moi atractiva. 

​

A proposta de aprendizaxe é activa, entrando en contacto, desde a primeira aula, coa lingua en situacións reais  e  coas diferentes  culturas en lingua portuguesa, con  especial protagonismo da música, os costumes e a cultura  en xeral.

Debuxo Artístico I y II

(1º y 2º de bacharelato)

Afondarase nas destrezas e no conceptos do debuxo sun xeito eminentemete práctico,

A aprendizaxe estética realizarase sobre bases teóricas e prácticas, fomentando a creatividade, o espírito de investigación.

A materia de Debuxo Artístico esta orientando para preparar para outras ensinanzas posteriores (grados universitarios , ciclos formativos, etc) que o alumnado poida cursar, sexan artísticas ou tecnolóxicas, como base para a formación de profesionais creativos/as: ensinanzas artísticos superiores, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, belas artes e outras afíns; en definitiva, ensinanzas creativas nas súas múltiples facetas (interiores, moda, produto, gráfico, multimedia, xoiaría, ilustración, deseño web, multimedia,carpintería,moblaxe, arquitectura efímera, escaparatismo, etc.).

 

​

Técnicas Expr. Gráfico-plástica 2º de bacharelato

 

O alumnado adquirirá o coñecemento e a aplicación dos recursos, as técnicas, os métodos e as aplicacións instrumentais que utilizaron e seguen utilizando os/as artistas ao longo da historia dunha forma teórico- práctica. Traballaranse as técnicas gráfico-plásticas tradicionais nos campos do debuxo, a pintura e o gravado, así como noutras técnicas mixtas e alternativas máis recentes,

Está orientando para preparar para outras ensinanzas posteriores ( grados univeristarios, ciclos formativos, etc) que o alumnado poida cursar no campo das artes gráficas, gravado calcográfico,patrimonio artístico deseño grafico, autoedición, estampador de serigrafía, gráfica publicitaria, ilustración, gravado e técnicas de estampación, edición de arte (libro), gravado e técnicas de estampación, etc.

 

Volume 2º de bacharelato

Esta materia ocúpase do estudo específico do espazo tridimensional 3D e o volume no ámbito da expresión artística. A aprendizaxe desta materia axudará a comprender que a forma, o tamaño, a cor e o acabamento de grande parte dos obxectos producidos polas persoas veñen determinados, en boa medida, polos materiais cos que están construídos, a función, o uso e o ámbito cultural, ou polos significados e os valores que se lle queiran outorgar.

Ao tratarse dunha materia de carácter eminentemente práctico, proporciónalle ao alumnado un dominio esencial e unha axeitada axilidade e destreza no manexo dos medios de expresión da linguaxe tridimensional3D, e o coñecemento das técnicas e os procedementos útiles, e os materiais máis comúns.

Está orientando para preparar para outras ensinanzas posteriores que o alumnado poida cursar estudos superiores ( grados univeristarios, ciclos formativos,etc) no campo da conservación e restauración de bens culturais, deseño de interiores, deseño de moda, deseño gráfico, deseño textil, deseño en vidro ou cerámico, vaciado e modelado, moldes e reproduccións cerámicas, arquitectura efímera, escaparatismo, amoblamento, elementos de xardín, modelismo e maquetismo, modelismo industrial, etc

Relixión católica no Bacharelato

Obxetivos do bacharelato:

No bacharelato  impártese una hora semanal da asignatura de Relixión Católica en cada curso.

Ambos cursos están  interconectados entre sí, e plantéxanse catro bloques de contidos, dous por cada curso.

Os bloques son:

1._ O ser humano busca sentido á vida.

2.-Deus á busca do ser humano.

3.- O ser humano que busca a Deus.

4.- O cristianismo como civilización do amor

Os bloques están orientados , primeiro o coñecemento da realidade cristiá, da súa historia e ada súa estrutura, pero tamen a server de base ou de complemento a outras materias que se imparten dentro do currículo do bacharelato.

Quere por en valor o aspecto espiritual e relixioso da persona tanto no plano privado coma publico, facendo que cada aspecto da vida, dende o espiritual ata o xurídico pasando polo histórico, literario, artístico, filosófico, científico etc.  Quede imbuido dunha realidade incostestable como é valor espiritual e dentro del o aspecto relixioso que se manifesta nunha realidade concreta nunha cultura determinada que non se pode apartar da realidade cultural, social, económica e histórica do mundo no que vivimos.

​

Ciencias aplicadas á actividade profesional

 

A materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ofrece a oportunidade ao alumnado de aplicar, en cuestións prácticas, cotiás e próximas, os coñecementos adquiridos ao longo dos cursos anteriores en materias tales como Química, Física, Bioloxía ou Xeoloxía.

​

Tamén proporciona unha orientación xeral aos estudantes sobre os métodos prácticos da ciencia, as operacións básicas de laboratorio, as súas aplicacións á actividade profesional e os impactos ambientais que leva; estes coñecementos achegaranlles unha base moi importante para abordar en mellores condicións os estudos de formación profesional nas familias agraria, industrias alimentarias, química, sanidade, vidro e cerámica,etc.

 

Contidos

Bloque 1. Técnicas instrumentais básicas

Bloque 2. Aplicacións da ciencia na conservación do medio ambiente

Bloque 3. Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i)

Bloque 4. Proxecto de investigación

Iniciación á programación con scratch

Scratch  é unha linguaxe de programación  visual  moi sinxela de empregar, para ensinar conceptos básicos de programación. Nesta asignatura o alumno crea: historias interactivas, xogos, animacións, videoxogos, música e comparte a súas creacións con outras persoas na web. Para iso o alumn@ crea bloques gráficos e encáixaos como se foran ladrillos ou pezas dun puzzle.  Esta forma de programar permite ós alumnos mellorar a súa creatividade, pensamento lóxico e o traballo colaborativo,  así como as aptitudes e aprendizaxes futuras en todas as asignaturas.

Mais información en https://scratch.mit.edu/

​

​

Robótica

A robótica é unha ciencia encamiñada a deseñar e construír aparellos capaces de realizar tarefas propias dun ser humano. Hoxe en día practicamente todo está automatizado e as industrias traballan cada vez con máis robots.

Na asignatura de robótica empregaremos unha tarxeta controladora denominada “arduino” para aprender a programar distintos dispositivos electrónicos con sensores e finalmente aplicar o aprendido ó funcionamento dun pequeno robot. É unha asignatura totalmente práctica que se impartirá a maior parte na aula de informática e a outra parte no taller de tecnoloxía.

​

​

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Esta asignatura é impartida totalmente na aula de informática. Aquí os alumn@s estudarán: arquitectura dos ordenadores, sistemas operativos, seguridade informática, hardware, programas de edición de texto, de cálculo, de elaboración de presentacións, de tratamento de imaxes (retoque fotográfico).

​

​

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I (TIC I)

 Nesta asinatura os alumn@s afondarán nos contidos impartidos na asignatura de TIC e traballarán con programas novos de programación como por exemplo o appinventor.

​

Tecnoloxías da Información e da Comunicación II (TIC II)

En TIC II os alumn@s estudarán contidos como: seguridade na rede, programación, redes de computadores, e publicación de contidos na web elaborando neste caso unha páxina web ou un blogue. Ademais afondarán nalgún tema da asignatura de TIC I.

 

 

Cultura científica

A cultura científica contribúe a que as persoas comprendan o presente no que viven, a súa saúde, a súa contorna tecnolóxica, as súas oportunidades e os seus perigos.

A diario, os medios de comunicación informan sobre noticias cun gran transfondo científico. Ademais, na vida cotiá preséntanse situacións nas que se necesita unha formación científica básica. Tal é o caso da sanidade, a preparación de alimentos, a protección fronte a riscos naturais e o uso de electrodomésticos  e dispositivos electrónicos cada vez máis complexos. É por iso polo que se require unha cultura científica básica que forme a cidadáns que se desenvolvan nun contexto social cada vez máis rico en contidos científicos e tecnolóxicos.

 

Os contidos da materia son:

 

Bloque 1.Procedementos de traballo

Bloque 2.A Terra e a vida

Bloque  3. Avances en biomedicina

Bloque 4. A revolución xenética

Bloque 5. Novas tecnoloxías en comunicación e información

​

 

Anatomía aplicada

 

Está integrada por coñecementos procedentes da anatomía descritiva, anatomía funcional, fisioloxía, biomecánica e patoloxía; todo iso co fin de aumentar a comprensión do corpo humano desde o punto de vista biolóxico xeneral e de previr a aparición de certos procesos patolóxicos.

Vai servir para complementar a formación en bioloxía humana de todos aqueles alumnos e alumnas que desexen dirixir os seus estudos ás diferentes ramas científicas, sanitarias e de actividades físicas e do deporte.

 

Contidos

BLOQUE 1: As características do movemento

BLOQUE 2: Organización básica do corpo humano

BLOQUE 3: O sistema locomotor

BLOQUE 4: O sistema cardiopulmonar

BLOQUE 5: O sistema de achegar e utilización da enerxía

BLOQUE 6: Os sistemas de coordinación e de regulación

BLOQUE 7: Expresión e comunicación corporal

BLOQUE 8: Elementos comúns

bottom of page