departamento de orientación ies agra de leborís
Mellora do uso das TIC no estudo
BILIOGRAFÍA utilizada para elaborar este artigo:
Las tic en la escuela, nuevas herramientas para viejos y neuvso problemas. GOLDIN, KRISCANTZKY, PERELMAN. Coordinadores.
Para mellorar a nosa capacidade de buscar, ler e ecomprender de maneira crítica a información que atopamos en internet debemos ter en conta varios aspectos. Mencionamos aquí algúns deles:
1. CONCRETAR o máximo posible o propósito da nosa búsqueda.
É importante saber acotar o que buscamos. Por exemplo, podemos ter en conta en qué idioma e formato buscamos, en qué país, qué termos clave pódennos axudar nesa búsqueda...
2. Coñecer os RECURSOS que ofrecen os MOTORES DE BÚSQUEDA.
En búsqueda avanzada podemos especificar a concreción do que buscamos. Ademáis cando aparecen as direccións podemos descifrar (antes de abrila) algúns dos elementos desas páxinas: se é unha web, un blog, un pdf, etc. As extensións dan tamén información da procedencia (país): .es, .pl, .mx...
3. Atender ao CONTEXTOS de comunicación (AUTORES, INSTITUCIÓNS, LUGAR, TEMPO...)
Ainda que ao abrir unha páxina todo o vemos no aquí e no agora, en realidade todo procede de distintos lugares do planeta e foron colgados en diferentes momentos. A información pode estar actualizada ou pola contra pode estar totalmente desfasada.
Debemos remarcar a importancia de ter en conta ao autor ou institución da que procede a información á que accedemos e que imos utilizar, ou citar dalgunha maneira. En búsqueda aanzada tamén podemos solicitar información de páxinas con diferentes tipos de permiso para o seu uso, por parte dos autores.
4. Atender á NATUREZA DA INFORMACIÓN.
Na rede conviven todo tipo de fontes de información. Temos que facernos preguntas sobre o valor do que atopamos para saber se nos serve, para iso é moi útil coñecer os autores e tamén as opinións ou seguimento que teñen esas páxinas.
5. CONTRASTAR varias fontes de información.
Unha das características de internet hoxe en día é a posibilidade de participar activamente na publicación de materiais. É posible editar, engadir información, correxir datos que escribiron outros, etc. Moitas veces a información á que accedemos non é certa. Mesmo en wikipedia, que é moi consultada, por ser unha das primeiras páxinas que aparecen nos buscadores, podemos ler información desfasada e tamén incorrecta, por descoñecemento do autor que a publicou.
Por iso é importante cotexar a información atopada con outras páxinas ou mesmo con fontes de información tradicionais.
6. Analizar os VÍNCULOS EXTERNOS dunha web.
A popularidade dun sitio web pode darnos moita información sobre o seu valor. Tamén os premios que reciben as páxinas dan ideas de cómo valoralas. As opinións dos lectores son unha fonte de información basada na experiencia que tamén poden ser útiles.
7. Analiza o DISCURSO.
Igual que facemos cun texto escrito en papel, na web debemos ter en conta a maneira de expresarse do autor. Podemos valorar a organización do que está escrito, a importancia dos contidos e a pertinencia en relación co tema que estamos buscando.
8. ADAPTARNOS a cada xénero electrónico.
Según o contexto podemos utilizar un rexistro ou outro, igual que facemos coa fala na vida diaria. Na rede existen tamén diferentes rexistros de lingua para a expresión escrita. Non é o mesmo expresar unha opinión nas redes sociais que escribir un artigo ou unha opinión crítica sobre un evento musical, por poñer un exemplo.
9. APRENDER A UTILIZAR OS RECURSOS TECNOLÓXICOS.
Cando utilizamos o medio dixital para ler ou para expresarnos de maneira escrita temos á nosa disposición gran cantidade de recursos que nos facilitan a labor de escritura. Algúns destes recursos son os verificadores ortográficos: estes poden correxir non só faltas de ortografía no idio no que estamos escribindo, senón tamén erros gramaticais. Diccionarios, sinónimos, traductores en línea son outros recursos que axudan a mellorar o proceso da escritura.
10. SER ORIXINAL
Falando de expresión escrita no medio dixital debemos recordar que na rede está todo dito. Non ten sentido COPIAR e PEGAR ou repetir o que xa dixeron outros. Só é útil ou válido o que poidamos dicir sempre que aportemos o noso punto de vista, dando unha visión diferente ou innovadora.
11. SER ESTRATÉXICO
As máquinas poden axudarnos a escribir. Podemos copiar, pasar a limpo borradores, etc, pero a máquina non pode pensar por nós. Dememos buscar as ideas, ordenalas, e elexir as máis adecuadas. Ademáis podemos e debemos elaborar párrafos propios, coherentes, con prosa clara, que se entenda.