departamento de orientación ies agra de leborís
Seccións bilingües
QUÉ É UNHA SECCIÓN BILINGÜE
As seccións bilingües son unha opción que se ofrece nas escolas e institutos para profundizar no estudio e mellorar a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Para iso, ofrécese ao alumnado a posiblidade de cursar determinadas asignaturas en opción bilingüe: isto é, serán desenvolvidas na lingua vehicular (español ou galego) e nunha lingua estranxeira (inglés-francés... ou a lingua que ofreza o centro educativo).
SECCIÓNS BILINGÜES NO IES AGRA DE LEBORÍS
Os profesores das seccións bilingües son especialistas da súa materia (música, plástica, educación física, etc...) e ademáis teñen a titulación exixida pola Consellería na lingua estranxeira para poder impartir as súas materias nesta lingua. Por outra parte, as seccións bilingües créanse en función da disponibilidade e voluntariedade do profesorado.
Até o momento, existen catro seccións bilingües no IES Agra de Leborís, unha delas en 1º de ESO e outras tres en 3º de ESO:
1º de ESO: Educación Física (galego- inglés)
3º de ESO: Educación Física (galego- inglés)
3º de ESO: Plástica (castelán-inglés)
3º de ESO: Música (galego-inglés).
QUÉN PODE CURSAR AS SECCIÓNS BILINGÜES
Todo o alumnado de 1º de ESO ou de 3º de ESO ten a posibildade de escoller cursar as materias citadas dentro dunha sección bilingüe.
O alumnado de 3º de ESO que escolle esta opción debe cursar as tres materias mencionadas dentro da sección bilingüe (non poderá cursar só unha delas).
Non é requisito indispensable para solicitar a sección bilingüe que o alumnado teña unhas notas excepcionais na lingua estranxeira, sen embargo é recomendable que o estudiante que solicite cursar as materias da sección bilingüe teña un mínimo interese ou gusto por perfeccionar o inglés dentro do seu currículo. As materias non teñen máis dificultade na sección bilingüe, pero se a lingua estranxeira non é do interese do alumnado a materia de sección bilíngüe podería resultarlle aburrida e posiblemente máis difícil.
CARACTERÍSTICAS DAS SECCIÓNS BILINGÜES NO IES AGRA DE LEBORÍS
- PROGRAMACIÓN: As materias das seccións bilingües (música, plástica, educación física) parten da mesma programación que as seccións non bilingües, ainda que a metodoloxía pode variar significativamente debido a diferentes factores.
Un destes factores é a presencia nas clases dun/ha AUXILIAR DE CONVERSA. O auxiliar de conversa traballa conxuntamente co profesor, quen sempre está con el/ela na aula e supervisa o seu traballo. A figura do auxiliar de conversa (nativo, normalmente de EEUU ou Reino Unido) é un valor engadido para o desenvolvemento das clases: ademáis de facilitar o uso da lingua estranxeira tanto ao profesorado como ao alumnado, introduce novos elementos creativos propios da súa personalidade e experiencia de vida noutros países.
Da avaliación realizada cada curso durante os últimos cinco anos deducimos que a/o auxiliar de conversa enriquece o proceso de ensino e aprendizaxe da lingua estranxeira e favorece a participación do alumnado, tanto no aspecto lingüístico como nas actividades realizadas en clase relativas ás materias en cuestión.
- PORCENTAXES: As materias das seccións bilingües (música, plástica, educación física) son impartidas en inglés e galego/castelán, utilizando unha porcentaxe de aproximadamente 60% inglés e 40% galego/castelán en cada clase. Esta porcentaxe non é ríxida senón que pode variar en función das actividades que se estean realizando, da presencia ou ausencia da auxiliar de conversa, etc.
- PROFESOR/A COORDINADOR/A. As profesoras que imparten as seccións bilingües manteñen contacto semanal con un/ha profesor/a coordinador/a do departamento de inglés. Estas reunións semanais permiten perfilar as programacións de cada materia, aclarar actividades coa auxiliar de conversa, ou organizar actividades de carácter interdisciplinar entre as diferentes materias da sección bilingüe.
- TRABALLO INTERDISCIPLINAR: Os profesores e profesoras das seccións bilingües traballan tódolos cursos de maneira coordinada para facer máis significativos os contidos das diferentes materias. Dentro do traballo interdisciplinar imos mencionar dous PROXECTOS aos que dedicamos moito tempo de preparación e moito traballo extra durante o curso. Estes proxectos son o PROXECTO E-TWINNING -de carácter internacional- e o PLAN PROXECTA a través de Quérote + e Donas de sí- proxectos que integran moitas materias do Centro educativo.
- PROXECTO E-TWINNING e INTERCAMBIO CON POLONIA. E-twinning é unha plataforma asociada ao programa Erasmus + no que temos a opción de traballar on-line con outros centros de toda Europa.
No IES Agra de Leborís levamos tres cursos en contacto con diferentes centros de POLONIA e o alumnado da sección bilingüe traballa co alumnado dos centros polacos utilizando o inglés como lingua vehicular dentro desta plataforma. A partir do proxecto E-twinning, nos cursos que é posible, organízase un intercambio físico entre o alumnado, de maneira que os polacos visitan ao alumnado da Laracha e os da Laracha viaxan a Polonia.
Máis información sobre o INTERCAMBIO Varsovia-Laracha.
- PLAN PROXECTA. O Plan Proxecta é unha proposta da consellería para traballar por proxectos nos Centros educativos. Traballar por proxectos significa tratar un mesmo tema en distintas asignaturas para reforzar o contido dese tema que consideramos dunha importancia especial na vida do alumnado.
Un dos plan proxecta é QUÉROTE +, neste plan traballamos as emocións. Creemos que o alumnado debe aprender a entender os seus sentimentos e cómo desenvolver as relacións con outras persoas da súa mesma idade, sexa do seu sexo ou de sexo distinto. ENLACE
O segundo plan proxecta do IES Agra de Leborís é DONAS DE SÍ. Este é un plan no que queremos dar visibilidade ás mulleres en xeral, e ás mulleres galegas en particular, facendo mención das mulleres que temos máis cerca de nós e na nosa propia familia. Ademáis tratamos de transmitir os valores de igualdade entre home e muller para que o alumnado desenvolva o respeto cara a tódolos seres humanos por igual. ENLACE
Todo o profesorado que imparte AS SECCIÓNS BILINGÜES (inglés, música, educación física e plástica) traballa tamén no PLAN PROXECTA (Quérote + e Donas de sí) e desenvolve actividades relacionadas cos temas mencionados de forma interdisciplinar.
UN GRAN PROXECTO: CREACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO EN INGLÉS: A idea inicial xéstase no departamento de inglés: os coordinadores propoñen traballar a través da expresión teatral. Partimos dunha idea que poida expresar os valores mencionados arriba e se crea un guión en inglés sobre o que empezar a traballar. Durante todo o curso, normalmente en horario extraescolar, o alumnado e profesorado, voluntariamente, empezan os ensaios. Segundo a obra vai tomando forma incluimos logo decorados, bailes e música para dar forma a unha obra de teatro que normalmente se representa a final de curso para toda a comunidade escolar, e mesmo con visibilidade para o resto da vila.